RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil resolve sen apuros o seu partido ante o Victoria FC de Santiago

O Infantil resolveu (7-0) en Abegondo sen excesivos apuros o seu partido da División de Honra ante o Victoria FC de Santiago, correspondente á 11ª xornada.

Borja, Antón -2-, Íker, Mateo, Roi e Joel foron os goleadores branquiazuis, que xa acertaron no minuto 6 de xogo.

Con este resultado, o equipo que prepara Daniel Sicardi lidera a categoría en solitario con 31 puntos.

Infantil: Diego Mosquera, Joaquín, Sergio, Samba, Mateo, Xoel, Borja, Antón, Íker, Nico e Roi. Tamén xogaron: Trigo, Joel, Casuso e Iago Vázquez.

Este xoves 8 de decembro, día festivo, a Infantil visita ao UD Santa Mariña, ás 12:00 no campo vigués de Cotogrande.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)
Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0
Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)
Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0
CD Lugo 1 - Infantil 2 (Sergio e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 5 (Borja -3- e Casuso -2-) - ED Val Miñor Nigrán 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 3 (Borja, Mauro e Iker)
Infantil 9 (Gael, Mauro -2-, Iker -2-, Nico, Borja e Casuso -2-) - ED Denis Suárez 0
Arosa SC 1 - Infantil 3 (Nico e Roi -2-)
Infantil 7 (Borja, Antón -2-, Íker, Mateo, Roi e Joel) - Victoria FC 0