RCD / NOVAS

O Infantil sacou os 3 puntos na súa complicada visita ao Arosa SC

27/11/2022 14:11

O Infantil tróuxose os 3 puntos na súa complicada visita ao Arosa SC (1-3) nun partido correspondente á 10ª xornada na División de Honra marcada ademais polo mal tempo.

Nico e Roi -2- foron os goleadores branquiazuis ante un rival que nunca se entregou.

Con este resultado, o equipo que dirixe Daniel Sicardi é líder da categoría con 28 puntos, con 1 punto de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores, RC Celta e ED Val Miñor Nigrán.

Infantil: Diego Mosquera, Gael, Joaquín, Adrián, Iago Vázquez, Antón, Borja, Trigo, Casuso, Nico e Roi. También jugaron: Iker, Joel e Mateo.

A próxima fin de semana, o Infantil recibe en Abegondo ao Victoria FC de Santiago.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)
Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0
Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)
Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0
CD Lugo 1 - Infantil 2 (Sergio e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 5 (Borja -3- e Casuso -2-) - ED Val Miñor Nigrán 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 3 (Borja, Mauro e Iker)
Infantil 9 (Gael, Mauro -2-, Iker -2-, Nico, Borja e Casuso -2-) - ED Denis Suárez 0
Arosa SC 1 - Infantil 3 (Nico e Roi -2-)