RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil salda con vitoria o seu amigable ante os cadetes do Atlético Arteixo

O Infantil aproveitou o parón na Liga Galega desta próxima fin de semana para disputar un amigable ante o Atlético Arteixo de categoría cadete, choque que abriu o calendario de partidos desta semana en #ANOSACANTEIRA.

Ademais, na última xornada ligueira tampouco tivo partido o equipo que prepara Miguel Figueira, neste caso debido a que o CD Castro, o seu rival de quenda, retirouse da competición.

O triunfo nunha tarde chuviosa en Ponte dos Brozos foi deportivista (1-3), grazas aos goles de Marcos -2- e Janusz.

O encontro serviu ao Infantil para manter o ritmo competitivo nestas semanas sen competición oficial.

Infantil: Rodrigo, Leandro, Xabi, Iago, Iker Fernández, Abel, Diego, Franck, Íker Casuso, Lucas e Hugo. Tamén xogaron: Guille, Joel, Mosquera, Xoel, Janusz, Rubén, Borja, Marcos e Balbas.

O equipo branquiazul marcha de líder do subgrupo B norte con 9 puntos e un partido menos que CD Lugo, San Tirso SD e Ural Español CF, todos eles tamén coa mesma puntuación.

A próxima cita ligueira, o 6 de novembro (pendente de confirmación), o Infantil recibe en Abegondo ao SD Residencia A.