RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil sentenza con 5 goles en 32 minutos o seu choque ante o Bergantiños CF

O Infantil sentenciou con 5 goles nos primeiros 32 minutos o seu partido ante o Bergantiños CF (9-0) correspondente á 6ª xornada na Fase polo Título Galego e Ascenso á División de Honra, no subgrupo norte.

Janusz, Marcos -3-, Rubén, Íker Fernández, Diego -2- e Lucas foron os goleadores dun partido de claro dominio branquiazul.

Con este resultado, o Infantil suma 21 puntos á fronte do subgrupo por 19 puntos do segundo clasificado, o CD Conxo Santiago.

Infantil: Joel, Guille, Janusz, Yago, Íker Fernández, Abel, Borja, Frank, Marcos, Rubén e Hugo. Tamén xogaron: Xabi Campos, Lucas, Diego, Íker Casuso e Rodrigo.

A próxima fin de semana, a Infantil visita en Santiago ao Victoria FC.

Os resultados do Infantil nesta fase son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz)
Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Iker Fernández, Iker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0
Bertamiráns FC 0 - Infantil 2 (Leandro -2-)
Infantil 7 (Iker Casuso -4-, Mosquera, Borja e Hugo) - Cidade de Ribeira CF 2
CD Conxo Santiago 2 - Infantil 2 (Janusz e Iker Fernández)
Infantil 9 (Janusz, Marcos -3-, Rubén, Íker Fernández, Diego -2- e Lucas) - Bergantiños CF 0