RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Infantil supera con nota o seu primeiro exame de pretemporada

O Infantil superou con nota (5-1) o seu primeiro exame de pretemporada, ante o CD Calasanz B de categoría cadete, un equipo de categoría superior.

Lucas Regueiro, Casuso, Hugo Ramos e Diego López -2- foron os goleadores branquiazuis neste amigable disputado no campo do Pinar en Vizoño.

Infantil: Rodrigo, Guille, Xoel, Iker Fernández, Janusz, Abel, Lucas, Mosquera, Leandro, Rubén e Diego. Tamén xogaron: Gabriel, Iago García, Xabi Campos, Hugo Ramos, Íker Casuso e Marcos Arias.

Definido o seu grupo na Liga Galega

O Infantil quedou encadrado no subgrupo B norte da Liga Galega, con estes rivais: Racing de Ferrol, Galicia Caranza, SDCR Narón O Freixo, SD O Val, SDC Residencia, CD Castro, SD Viveiro, CD Lugo, Ural Español CF, San Tirso SD e Oza Juvenil SD.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son pois 22 xornadas. Os cinco primeiros xogarán a Fase polo Título cos cinco primeiros clasificados do subgrupo B norte. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.