RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil, xa campión, conclúe a segunda fase con triunfo ante o CD Conxo Santiago

O Infantil, xa campión do subgrupo norte da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, concluíu esta segunda parte da temporada hoxe xoves no campo 5 de Abegondo con vitoria (5-0) ante o CD Conxo Santiago, segundo na táboa.

Diego -2-, Leandro, Hugo e Marcos foron os goleadores branquiazuis nun partido intranscendente de cara á clasificación final do subgrupo, xa definida nos seus postos altos desde a pasada xornada.

Infantil: Joel, Guille, Xoel, Yago, Xabi Campos, Mosquera, Leandro, Frank, Diego, Lucas e Hugo. Tamén xogaron: Rodrigo, Abel, Marcos, Balbas e Iker Casuso.

Os branquiazuis, único equipo de #ANOSACANTEIRA en competición oficial, mandaron no subgrupo con 33 puntos por 26 dos santiagueses.

O Infantil gañou 9 partidos e empatou 1, precisamente en Santiago ante o CD Conxo Santiago. O balance goleador é moi favorable, con 52 tantos marcados e unicamente 8 encaixados.

Ademais de certificar o ascenso para a temporada 2022-23 á recentemente creada División de Honra, o Infantil xogará nos próximos días en Abegondo, a partido único, as semifinais polo título contra o segundo clasificado do subgrupo sur: ED Val Miñor Nigrán ou Pabellón Ourense CF. A final para decidir o campión da Liga Galega será nunha sede que ditaminará a Federación.

Os resultados do Infantil nesta fase foron os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz)
Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Iker Fernández, Iker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0
Bertamiráns FC 0 - Infantil 2 (Leandro -2-)
Infantil 7 (Iker Casuso -4-, Mosquera, Borja e Hugo) - Cidade de Ribeira CF 2
CD Conxo Santiago 2 - Infantil 2 (Janusz e Iker Fernández)
Infantil 9 (Janusz, Marcos -3-, Rubén, Iker Fernández, Diego -2- e Lucas) - Bergantiños CF 0
Victoria FC 2 - Infantil 4 (Janusz -2-, Marcos e Balbas)
Infantil 5 (Janusz -2-, Rubén, Leandro e Diego) - Bertamiráns FC 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 6 (Janusz, Rubén, Marcos, Diego e Lucas -2-)
Infantil 5 (Diego -2-, Leandro, Hugo e Marcos) - CD Conxo Santiago 0