RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O internacional Fabian Schär xa está de regreso en Abegondo

O suízo Fabian Schär foi o primeiro internacional en regresar á Coruña neste parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais. Así, tras disputar dous partidos completos con Suíza (o pasado xoves fronte a Andorra e o domingo en Letonia), o defensor deportivista tivo esta mañá recuperación, con carreira continua e masaxe.

Para os demais, a sesión foi especialmente dura. Así, tras un quecemento con balón e un exercicio de posesión con tres porterías, Pepe Mel dividiu ao seu cadro en dous grupos. Mentres un grupo realizaba un circuíto físico de forza, o outro grupo tiña partidos en espazo reducido (un contra un, dous contra dous e tres contra tres) e unha tarefa de velocidade con tiro.

Un partido puxo o punto e final a esta dura sesión de traballo, na que participaron os porteiros fabrilistas Francis e Álex Cobo; e o meta do Xuvenil A Ricardo.

Estivo á marxe Rubén, traballando no ximnasio e no céspede co readaptador Fran Molano; ademais de Carles Gil, con permiso.

Mañá mércores haberá unha nova sesión de adestramento, a partir das 10:30 horas en Abegondo.