RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O internacional Kevin sostén ao Xuvenil A en Oviedo

Kevin Sánchez, citado para os dous próximos amigables da selección española sub-18 ante Suíza (o martes 8 e o xoves 10 de novembro), foi de novo decisivo para o Xuvenil A, esta vez en Oviedo.

Do pichichi do conxunto de Manuel Pablo, 11 dianas xa no que vai de liga, foi o gol do triunfo ante o Real Oviedo (1-2) en partido correspondente á 9ª xornada na División de Honra.

Na primeira metade, concretamente no minuto 18, adiantáronse os asturianos, cuartos na táboa, e empatou Seydiba pouco despois, no 23.

Con este marcador, o Xuvenil A suma 23 puntos e é 2º na táboa após o RC Celta, líder con 24 puntos.

Xuvenil A: Román, Quique Teijo, Manu Berrocal, Vilela, Seydiba, Carlos, Hugo, Baldomar, Kevin, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Garaboa, Ogando, Carreira, Pedro e Guerrero.

A próxima semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao CD Covadonga.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)
Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1
RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando)
Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin)