RCD / NOVAS

O IV Torneo Solidario ABANCA Obra Social celébrase este sábado en Abegondo

06/11/2017 18:31

As instalacións do RC Deportivo en Abegondo serán a sede o vindeiro sábado día 11 do IV Torneo Solidario Abanca Obra Social en beneficio da Asociación Down Coruña.

Desde as 9:30 e até as 14:00 horas, dez equipos pertencentes a ABANCA, ABANCA Obra Social, Andaina, Asociación da Prensa da Coruña, Colexio de Avogados, Denodo Technologies, Emalcsa, Ferroviarios, Indra e Repsol enfrontaranse nun torneo no que o máis importante é a achega do público coa súa entrada solidaria de 5 € ou cos donativos na conta ES80 2080 7208 3385 3000 7122.

A xornada, na que colaboran o RC Deportivo, Coca Cola e Cruz Vermella Española A Coruña, concluirá ás 14:30 horas coa entrega de premios aos participantes e un sorteo de agasallos entre o público asistente.