RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O LXXI Teresa Herrera disputarase o 9 de agosto cun dobre Dépor-Vilarreal

  A septuagésimo primeira edición do Trofeo Teresa Herrera, decano dos torneos estivais, xa ten data pechada e equipo invitado, o Vilarreal CF o próximo martes 9 de agosto. Por segundo añou consecutivo a competición

Tanto en categoría masculina como feminina, o equipo castellonenco será o rival do Dépor na loita pola Torre de Hércules. O cuarto clasificado de Primeira División e representante español en Liga de Campións enfrontarase ao Deportivo no partido que peche a xornada. 

Previamente, o Dépor Feminino debutará en Riazor ante o submarino amarelo, escuadra que milita na mesma categoría na que competirá o novo equipo deportivista, a segunda división Nacional. 
 
Os dous partidos absolutos serán o colofón a unha xornada especial cada verán nas festas de María Pita, a que desde fai máis de sete décadas alberga o Teresa Herrera.