RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''O máis importante é chegar en boa disposición ao primeiro partido de Liga'', sostén Garitano

  Gaizka Garitano compareció en rolda de prensa nunha sala habilitada para tal fin no hotel Vitoria Radisson de Montevideo. Antes, tivo oportunidade de saudar ao técnico celeste, Berizzo, e intercambiar impresións durante uns in

Comentou Garitano ante os medios que esta concentración "é unha bonita xira. Imos xogar dous bos partidos que nos servirán de preparación. Logo nunha viaxe tan longa, estar todo o equipo xunto é importante para coñecernos todos e para convivir e pasar horas xuntos".
 
Lembra respecto ao partido de mañá xoves ante o RC Celta, que "para nós o obxectivo prioritario é chegar ao primeiro partido contra o Eibar en boas condicións. É evidente que en pretemporada ante un rival como o Celta queremos gañar pero o máis importante é chegar nunha boa disposición ao primeiro partido de Liga".
 
Ve a un Dépor "aínda lonxe da nosa versión, igual que todos os equipos. Tamén cando vaian chegando as fichaxes ir completando o persoal, tentando chegar a ese primeiro partido ben".
 
Con dous partidos en apenas tres días, confesa que "en base a como vexamos aos futbolistas iremos repartindo minutos entre os dous partidos".
 
Admite que unha viaxe tan longa, "non é o mellor para a preparación. Estivemos 26 horas onte. Ao final estamos contentos de estar aquí. É unha bonita oportunidade tambien para convivir, para xogar bos partidos e nós tomámolo sempre con optimismo e con ganas de facer as cousas ben".
 
En Uruguai, Celta e Dépor comparten o mesmo cuartel xeral: "Sen ningún problema. Somos rivais no campo pero fose do campo hai respecto absoluto e así ten que ser".