RCD / NOVAS

O Málaga CF chega o venres á Coruña

13/04/2017 11:56

- Foto: malagacf.com -

O Málaga CF, rival do Dépor este sábado 15 de abril en Riazor (13:00 horas, Bein Sports), ten previsto aterrar o venres 14 de abril ás 20:10 no Aeroporto da Coruña.

Na cidade herculina, o hotel de concentración do equipo andaluz é o Attica 21 (Matogrande).