RCD / NOVAS

O mércores, no salón Luckia de 4 Camiños CC, sorteo de camisetas e balóns con Clarence Seedorf

02/04/2018 19:01

O mércores 4 ás 21:00 horas, o salón Luckia do Centro Comercial Catro Camiños acollerá un acto de firmas coa presenza do adestrador do Real Club Deportivo, Clarence Seedorf. O técnico branquiazul sorteará e entregará aos gañadores, de entre todos os presentes no local a esa hora, 10 camisetas oficiais do Dépor e 10 balóns.

Posteriormente atenderá a todos os deportivistas que o desexen para que poidan fotografarse con el ou levar un autógrafo neste acto organizado por un dos principais patrocinadores do Real Club Deportivo: Luckia.

Máis novas de: SEEDORF