RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O mosaico Riazor e o himno galego, como nunca o viches e escoitaches: desde o céspede e en 360º

Nos prolegómenos de #ONosoDerbi do 19 de marzo en Riazor, por segundo ano consecutivo tras instauralo a temporada pasada o Dépor, os acordes do himno galego soaron á saída dos xogadores ao campo. Tamén como no anterior derbi un gran mosaico e un espectacular tifo no fondo de Marathón, engalanaron o estadio noutra imaxe que quedará para a historia pola súa prasticidade e porque se superou a marca de galegos entoando o himno: dos 30.666 de 2016 pasouse aos 30.809 deste ano, algo que só pode suceder en Riazor.

No centenario do falecemento de Eduardo Pondal, autor da letra do himno musicalizado por Pascual Veiga, representantes da fundación que leva o seu nome estiveron no palco de honra de Riazor para asistir a este emotivo e histórico momento gravado por unha cámara 360º sobre o terreo de xogo.

Todos os deportivistas e galegos que o desexen poden revivir este momento dunha forma moi especial. Nos computadores movendo a pantalla co cursor. Reproducíndoo coa aplicación de Youtube instalada no móbil pódese gozar da experiencia de Riazor en 360º movendo o terminal. Unha experiencia completa se se reproduce coas lentes de adaptación para visionado de vídeos 360º.

Reproduce aquí o Mosaico Riazor e o himno galego en 360º:

Galería de fotos: