RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino cobra vantaxe na final da liga Galega Cadete: 1-5

Un Orzán SD Cadete Feminino moi superior cobra vantaxe ante o Victoria CF (1-5) no partido de ida da gran final da liga Galega Cadete.

Laura Otero, Lucía Rivas -2-, Ana Capelo e Laura Santos foron as goleadoras nun gran partido das orzanistas, que sen dúbida tamén notaron o reforzo de futbolistas, caso por exemplo de Abril Pazos, que estaban en dinámica do Deportivo ABANCA B de Primeira Nacional.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Lucía Mariño, Nadia Longueira, Uxía López, Daniela Basalo, Sara Cercido, Abril Pazos, Laura Santos, Ana Capelo, Laura Otero e Lucía Rivas. Tamén xogaron: Noelia Furelos, Mica Baratelli, Maca González, Paula Sánchez e Uxía Rabuñal.

A próxima fin de semana disputarase na Torre o partido de volta que decidirá o campión galego da categoría.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino nesta temporada foron os seguintes:

Liga regular
Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Feminino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0
UD Mos 2 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Maca González) - Sárdoma CF 4
Lóstrego CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Sara Domínguez)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Laura Santos, Carla Lugilde, Candela Moreno, Ana Capelo, Nadia Longueira, Mica Baratelli, Sara Domínguez -3- e María Vilariño) - SCD Milagrosa 0
Sporting Club San Mateo 0 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Daniela Basalo -2-, Alba Monteserín, Ana Capelo e Paula Sánchez -2-)
Umia CF 1 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Laura Santos e Maca González)
Orzán SD Cadete Feminino 4 (Ana Capelo -2-, Maca González e Uxía López) - EF Feminino Rosalía 0
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Laura Santos) - Victoria CF 1
Caldas CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Paula Sánchez -3-, Maca González -2- e Noelia Furelos)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo, Paula Sánchez e Lucía Mariño) - UD Mos 0
Sárdoma CF 5 - Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Paula Sánchez)
Orzán SD Cadete Feminino 4 (Ana Capelo -2-, Daniela Basalo e Antía García) - Lóstrego CF 1
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Cadete Feminino 9 (Paula Sánchez -4-, Macarena González, Mica Baratelli, Ana Capelo, Noelia Furelos e unha futbolista rival en propia meta)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Paula Sánchez e Daniela Basalo -2-) - Sporting Club San Mateo 0

Semifinais, ida
Lóstrego CF 2 - Orzán SD Cadete Feminino 4 (Nadia Longueira, Daniela Basalo e Ana Capelo -2-)
Semifinais, volta
Orzán SD Cadete Feminino 6 (Maca González -3-, Ana Capelo, Lucía Mariño e Paula Sánchez) - Lóstrego CF 1
Final, ida
Victoria CF 1 - Orzán SD Cadete Feminino 5 (Laura Otero, Lucía Rivas -2-, Ana Capelo e Laura Santos)