RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino compite pero cae ante o líder Sárdoma CF nun partido de alternativas

O Orzán SD Cadete Feminino deu a talla pero caeu (3-4) ante o líder, o Sárdoma CF, en partido de alternativas no xogo e no marcador correspondente á 6ª xornada da Liga Galega.

As adversas condicións meteorolóxicas e os erros en accións defensivas dobregaron ás orzanistas ante un Sárdoma CF poderoso que sabe aproveitar os descoidos do rival.

Ana Capelo -2- e Maca González foron as autoras dos goles do Orzán SD Cadete Feminino.

Con este resultado, o equipo orzanista é cuarto na táboa con 10 puntos, a seis dos líderes Sárdoma CF, UD Mos e Victoria CF, clasificados por esa orde e todos eles con 16 puntos.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Antía García, Daniela Basalo, Nadia Longueira, Candela Moreno, Mica Baratelli, María Vilariño, Emma Gandoy, Maca González, Ana Capelo e Paula Sánchez. Tamén xogaron: Noelia Furelos, Martina Rivas, Sara Domínguez, Sofía Paz e Silvia Agras.

En quince días, posto que a próxima fin de semana non hai liga, o Orzán SD Cadete Feminino visita ao Lóstrego CF.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino até a data son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Femenino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0
UD Mos 2 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Maca González) - Sárdoma CF 4