RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Orzán SD Cadete Feminino freou ao líder, o UD Mos

O Orzán SD Cadete Feminino freou ao UD Mos no seu campo (2-2) nun partido moi completo das orzanistas correspondente á 5ª xornada da liga Galega.

Paula Sánchez e Ana Capelo foron as autoras dos goles das coruñesas, que se sobrepuxeron a base de bo fútbol ao temperán gol das locais, chegado no minuto 13. O resultado é agridoce porque o UD Mos logrou o empate a dous definitivo na recta final do choque.

Con este marcador, o Orzán SD Cadete Feminino é terceiro na táboa con 10 puntos, a 3 puntos dos líderes: Sárdoma CF e UD Mos.

Orzán SD Cadete Feminino: Uxía Rabuñal, Candea Moreno, Uxía López, Nadia Longueira, Daniela Basalo, Mica Baratelli, Sara Domínguez, Maca González, Paula Sánchez, Emma Gandoy e Ana Capelo. Tamén xogaron: Sofía Paz, Noelia Furelos, Paula Bermúdez, Antía García e Carla Lugilde.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino recibe en La Torre ao Sárdoma CF, colíder provisional da categoría.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino até a data son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Feminino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candea Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0
UD Mos 2 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo)