RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino supera con eficiencia ao CF Noia

O Orzán SD Cadete Feminino supera con claridade (8-0) ao CF Noia en choque correspondente á 7ª xornada e lidera o subgrupo A de a liga Galega.

Nos partidos disputados, saldados todos con triunfos, as orzanistas anotaron 48 dianas e aínda non encaixaron un só gol. Suman 18 puntos de 18 posibles á fronte da táboa.

Ánxela Prado -3-, Candela Fernández -3-, Lucía González e Valeria Montero foron as goleadoras ante as noiesas.

Orzán SD Cadete Feminino: Yaiza Pérez, Paula Martínez, Daniela Basalo, Nadia Longueira, Candela González, Emma Gandoy, Mica Baratelli, Candela Fernández, Ánxela Prado, Lucía González e Valeria Montero. Tamén xogaron: Paula Bermúdez, Sofía da Viúva, Sofía Rodríguez e Sofía Paz.

O Colexio Obradoiro, a próxima semana, será o rival do equipo que dirixe Abel Sánchez.

Os resultados até a data do Orzán SD Cadete Feminino son os seguintes:

SD Xuventú de Aguiño - Orzán SD Cadete Feminino 9 (Candela Fernández -2-, Mica Baratelli, Ánxela Prado, Maca González, Laura Santos, Emma Gandoy, Nadia Longueira e Sofía Paz)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Lucía González -2-, Emma Gandoy -2-, Paula Martínez, Candela González, Ánxela Prado -3- e Candela Fernández) - Bergantiños CF 0
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Ánxela Prado -4-, Lucía González, Emma Gandoy, Candela Fernández, Valeria Montero -2- e Sofía Rodríguez) - PM Friol 0
Orzán SD Cadete Feminino 2 (Macarena González e Emma Gandoy) - Victoria CF 0
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Cadete Feminino 9 (Candela Fernández, Ánxela Prado -3-, Nadia Longueira, Paula Martínez, Lucía González, Sofía Rodríguez e Candela González)
Orzán SD Cadete Feminino 8 (Ánxela Prado -3-, Candela Fernández -3-, Lucía González e Valeria Montero) - CF Noia 0