RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino vence no último test de pretemporada antes de comezar a liga ante o Sporting Burgo

O Orzán SD Cadete Feminino saldou con triunfo en Carral (2-6) o último amigable de pretemporada antes de arrancar a temporada na Segunda Galega, cuxo primeiro rival será a próxima fin de semana o Sporting Burgo.

Ana Capelo -4-, Mica Baratelli e Daniela Basalo foron as autoras dos goles orzanistas nun partido que comezou mandando no marcador o UD Carral.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Sofía Paz, Daniela Basalo, Paula Martínez, Antía García, Emma Gandoy, Candela Moreno, Sara Domínguez, Paula Sánchez, Carla Lugilde e Ana Capelo. Tamén xogaron: Mica Aller, Mica Baratelli, Silvia Agras e Noelia Furelos.

Calendario ligueiro en Segunda Galega

O Orzán SD Cadete Feminino, actual campión de liga, quedou encadrado no grupo 1º de Segunda Galega Feminina, con estes rivais iniciais: EF Amistade Meirás, SDCR Narón O Freixo, SD O Val B, SD Libunca, CCRD Perlío, SD Silva, Torre SD, Eirís SD, Sporting Burgo e SDC Pastoriza B.

O primeiro partido desta fase inicial será a próxima fin de semana no campo do Sporting Burgo e o último o 10 de abril coa visita ao Libunca SD de Ferrol.

O formato desta parte inicial da temporada será de liga a dobre volta, cun total de 22 xornadas. Os catro primeiros clasificados pelexarán polo ascenso de categoría, que será en formato eliminatoria cos catro equipos clasificados dos cinco grupos restantes.

Os conxuntos que acaben na primeira fase entre o quinto e o noveno disputarán a Copa de Consolación, tamén por eliminatoria; do mesmo xeito que os dous mellores décimos dos seis grupos.

O calendario do equipo orzanista en liga é o seguinte:

Xornada 1 (24/10/2021) Xornada 12 (23/01/2022)
Sporting Burgo Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 2 (31/10/2021) Xornada 13 (30/01/2022)
Orzán SD Cadete Feminino CCRD Perlío
Xornada 3 (07/11/2021) Xornada 14 (06/02/2022)
SDCyR Narón O Freixo Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 4 (14/11/2021) Xornada 15 (13/02/2022)
Orzán SD Cadete Feminino SD O Val B
Xornada 5 (21/11/2021) Xornada 16 (20/02/2022)
Descanso Descanso
Xornada 6 (28/11/2021) Xornada 17 (06/03/2022)
Silva SD A Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 7 (05/12/2021) Xornada 18 (13/03/2022)
Orzán SD Cadete Feminino Torre SD
Xornada 8 (12/12/2021) Xornada 19 (20/03/2022)
Eirís SD Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 9 (19/12/2021) Xornada 20 (27/03/2022)
Orzán SD Cadete Feminino Escola FB Amistade Meirás
Xornada 10 (09/01/2022) Xornada 21 (03/04/2022)
SCD Pastoriza B Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 11 (16/01/2022) Xornada 22 (10/04/2022)
Orzán SD Cadete Feminino Libunca SD