RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Orzán SD Cadete xa coñece aos seus rivais iniciais no grupo 1º da Segunda Galega Feminina

O Orzán SD Cadete, actual campión de liga, quedou encadrado no grupo 1º de Segunda Galega Feminina, con estes rivais iniciais: EF Amistade Meirás, SDCR Narón O Freixo, SD O Val B, SD Libunca, CCRD Perlío, SD Silva, Torre SD, Eirís SD, Sporting Burgo e SDC Pastoriza B.

O formato de competición será de liga a dobre volta, cun total de 22 xornadas. Os catro primeiros clasificados pelexarán polo ascenso de categoría, que será en formato eliminatoria cos catro equipos clasificados dos cinco grupos restantes.

Os conxuntos que acaben na primeira fase entre o quinto e o noveno disputarán a Copa de Consolación, tamén por eliminatoria; do mesmo xeito que os dous mellores décimos dos seis grupos.

O equipo orzanista, dirixido por Kike Muñoz e Abel Sánchez, conta con este cadro:

-Porteiras: Yaiza García e Paula Bermúdez

-Defensas: Antía García, Daniela Basalo, Paula Sánchez, Nadia Longueira, Silvia Agras, Micaela 'Mica' Aller e María Candela Moreno

-Centrocampistas: Micaela 'Mica' Baratelli, Sara Domínguez, Carmen Sol, Noelia Furelos 'Mini' e Macarena 'Maca' González

-Dianteiras: Ana Capelo, Carla Lugilde, Clara Núñez e Carlota Paderne.

Uxía López adéstrase habitualmente co Orzán SD Xuvenil Feminino.