RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino confirma a segunda praza no subgrupo A da Liga Galega a falta dun partido

O Orzán SD Infantil Feminino sumou 3 novos puntos no subgrupo A da Liga Galega ao imporse (0-6) na súa visita ao AD Cristo Rey, en partido correspondente á 13ª xornada, penúltima desta primeira fase.

Martina Vázquez, Uxía Fariña, Marta Moreno -3- e Sarai Brenda foron as goleadoras orzanistas.

Con este resultado, o equipo que prepara Diego Sánchez confirma a súa 2ª posición na táboa con 27 puntos, inalcanzable para o 3º, o UC Cee, que ten 21; e coa 1ª posición tamén lonxe, en mans do SCD Pastoriza con 33 puntos.

Orzán SD Infantil Feminino: Aldara Crespo, Noa Moras, Camino Figueiras, Sofía de la Viuda, Rocío Bejerano, Naiara Fontenla, Martina Vázquez, Sarai Martínez, Sarai Brenda, Alma Comesaña e Nadia Bernabé. Tamén xogaron: Uxía Fariña, Marta Moreno, Eva Ouro e Vera Chicote.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Infantil Feminino recibe ao Arzúa FCF no último partido desta primeira fase da competición.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino no que vai de liga son os seguintes:

Orzán SD Infantil Feminino 4 (Sofía Rodríguez -2- e Marta Moreno -2-) - SCD Pastoriza 5
UC Cee 1 - Orzán SD Infantil Feminino 4 (Sofía Rodríguez -2-, Naiara Fontenla e Jimena Allegue)
Orzán SD Infantil Feminino 8 (Naiara Fontenla -2-, Marta Moreno -3-, Sofía Rodríguez, Nadia Bernabé e Sarai Brenda) - Santa Cruz CF 0
SCD Milagrosa 1 - Orzán SD Infantil Feminino 9 (Marta Moreno -4-, Sofía Rodríguez -3-, Sarai Martínez e Martina Vázquez)
Orzán SD Infantil Feminino 11 (Naiara Fontenla -5-, Marta Moreno -2-, Martina Vázquez -2-, Eva Ouro e Jimena Allegue) - AD Cristo Rey 0
Arzúa FCF 0 - Orzán SD Infantil Feminino 8 (Naira Fontenla -2-, Marta Moreno, Noela García, Martina Vázquez, Sarai Brenda, Ari Barros e Carolina Lago)
SCD Pastoriza 5 - Orzán SD Infantil Feminino 4 (Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno e Carolina Lago)
Orzán SD Infantil Feminino 8 (Sofía Rodríguez -5-, Naiara Fontenla, Sofía de la Viuda e Marta Moreno) - UC Cee 1
Santa Cruz CF 0 - Orzán SD Infantil Feminino 5 (Marta Moreno -2-, Martina Vázquez, Uxía Fariña e Valentina Millón)
Orzán SD Infantil Feminino 5 (Marta Moreno, Sofía Rodríguez, Alma Comesaña e Naiara Fontenla -2-) - SCD Milagrosa 2
AD Cristo Rey 0 - Orzan SD Infantil Feminino 6 (Martina Vázquez, Uxía Fariña, Marta Moreno -3- e Sarai Brenda)