RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino exhibe en Lugo o seu olfacto goleador

Un Orzán SD Infantil Feminino en xeira goleadora impúxose con claridade (0-9) en Lugo ao SCD Milagrosa, en partido correspondente á 5ª xornada no grupo 1º da Liga Galega.

Noa Cardeñoso -2-, Sofía Rodríguez -2-, Alba Monteserín, Sila Santiso, Carmen Traba, Alexia Freire e unha futbolista rival en propia meta foron as goleadoras orzanistas.

Con este resultado, o Orzán SD Infantil Feminino lidera provisionalmente o grupo con 10 puntos, con 1 de vantaxe sobre o Victoria CF, segundo con 9 puntos e un partido menos. Ambos os equipos veranse as caras a próxima fin de semana na seguinte xornada de liga.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Eva Rama, Noela García, Paula Martínez, Sila Santiso, Sofía Milhem, Carmen Traba, Lola Nieto, Irene Míguez, Noa Cardeñoso e Nuria Valea. Tamén xogaron: Alba Monteserin, Candela Fernández, Eva Ouro, Sofía Rodríguez e Alexia Freire.

Os resultados até a data do Orzán SD Infantil Feminino son os seguintes:

Orzán SD Infantil Feminino 7 (Alba Monteserín, Sofía Rodríguez -2-, Alexia Freire, Irene Míguez e Lola Nieto -2-) - Xuventude de Crendes CF 1
Victoria FC 3 - Orzán SD Infantil Feminino 3 (Sofía Rodríguez -2- e Lola Nieto)
Orzán SD Infantil Feminino 6 (Emma Gandoy -2-, Sofía Rodríguez, Valeria, Alba Monteserín e Marta Moreno) - ADC Obradoiro 0
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Infantil Feminino 9 (Noa Cardeñoso -2-, Sofía Rodríguez -2-, Alba Monteserín, Sila Santiso, Carmen Traba, Alexia Freire e unha futbolista rival en propia meta)