RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino logra con toda xustiza o título galego a falta dunha xornada

O Orzán SD Infantil Feminino que dirixe Óscar Orro impúxose (7-1) ao Victoria FC e, a falta dunha xornada, proclamouse campión da liga Galega.

Sofía Rodríguez -4-, Candela González, Ánxela Prado e Sofía Milhem foron as autoras dos goles orzanistas, que dominaron o partido e a temporada.

Co resultado deste encontro, o Orzán SD Infantil Feminino suma 27 puntos, cifra que amarra o campionato ante o seu inmediato perseguidor, o Victoria CF.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Sila Santiso, Candela González, Paula Martínez, Alexia Freire, Candela Fernández, Lola Nieto, Emma Gandoy, Sofía Rodríguez, Sofía Milhem e Yanis Citoula. Tamén xogaron: Valeria Montero, Irene Míguez, Ánxela Prado, Alba Monteserín e Valentina Millón.

O Orzán SD Infantil Feminino, xa campión, pecha a liga a próxima fin de semana en Ribadumia ante o Umia CF.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino na Fase polo título galego son os seguintes:

UD Mos 0 - Orzán SD Infantil Feminino 1 (Yanis Citoula)
Orzán SD Infantil Feminino 9 (Sofía Rodríguez -5-, Valeria, Candela Fernández e Ánxela Prado -2-) - Lóstrego CF 1
Orzán SD Infantil Feminino 3 (Sofía Rodríguez, Yanis Citoula e Alexia Freire) - UD Mos 0
Lóstrego CF 0 - Orzán SD Infantil Feminino 5 (Sofía Rodríguez, Candela González, Candela Fernández, Valentina Millón e Lola Nieto)
Orzán SD Infantil Feminino 2 (Sofía Rodríguez e Emma Gandoy) - Victoria CF 0
Orzán SD Infantil Feminino 7 (Sofía Rodríguez -4-, Candela González, Ánxela Prado e Sofía Milhem) - Victoria FC 1