RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino, superior en Pastoriza

O Orzán SD Infantil Feminino mostrouse superior (0-11) ao SCD Pastoriza en partido correspondente á 7ª xornada no subgrupo 1º da Liga Galega Infantil.

Valeria Montero -2-, Sofía Rodríguez -2-, Lola Nieto -3-, Sofía Milhem, Candela Fernández -2- e Valentina foron as goleadoras dun partido que se puxo de cara no marcador xa aos cinco minutos.

Con este resultado, as orzanistas son segundas na táboa con trece puntos, a dous do líder, o Victoria CF que ten quince puntos e un partido menos xogado.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Valentina Millón, Paula Martínez, Eva Rama, Irene Míguez, Noela García, Candela Fernández, Carmen Traba, Alexia Freire, Valeria Montero e Sofía Rodríguez. Tamén xogaron: Eva Ouro, Sofía Milhem, Sila Santiso, Nuria Valea e Lola Nieto.

A próxima xornada toca descanso para o Orzán SD Infantil Feminino, que non volverá xogar até mediados de xaneiro, cando se retome a competición no Monte (Abegondo) ante o Xuventude de Crendes CF.

Os resultados até a data do Orzán SD Infantil Feminino son os seguintes:

Orzán SD Infantil Feminino 7 (Alba Monteserín, Sofía Rodríguez -2-, Alexia Freire, Irene Míguez e Lola Nieto -2-) - Xuventude de Crendes CF 1
Victoria FC 3 - Orzán SD Infantil Feminino 3 (Sofía Rodríguez -2- e Lola Nieto)
Orzán SD Infantil Feminino 6 (Emma Gandoy -2-, Sofía Rodríguez, Valeria, Alba Monteserín e Marta Moreno) - ADC Obradoiro 0
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Infantil Feminino 9 (Noa Cardeñoso -2-, Sofía Rodríguez -2-, Alba Monteserín, Sila Santiso, Carmen Traba, Alexia Freire e unha futbolista rival en propia meta)
Orzán SD Infantil Feminino 0 - Victoria CF 1
SCD Pastoriza 0 - Orzán SD Infantil Feminino 11 (Valeria Montero -2-, Sofía Rodríguez -2-, Lola Nieto -3-, Sofía Milhem, Candela Fernández -2- e Valentina)