RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino vence ao ADC Obradoiro e engánchase á zona alta da táboa

O Orzán SD Infantil Feminino impúxose (6-0) ao ADC Obradoiro en partido correspondente á 4ª xornada no grupo 1º da Liga Galega.

Emma Gandoy -2-, Sofía Rodríguez, Valeria, Alba Monteserín e Marta Moreno foron as goleadoras orzanistas.

Con este resultado, o Orzán SD Infantil Feminino suma 7 puntos e instálase na zona nobre da táboa, a só 2 puntos do Victoria CF, líder con 9 puntos.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Valentina Millón, Candela González, Paula Martínez, Alba Monteserín, Yanis Citoura, Emma Gandoy, Lola Nieto, Valeria Montero, Noa Cardeñoso e Sofía Rodríguez. Tamén xogaron: Marta Moreno, Carmen Traba, Sofía Milhem, Sila Santiso e Eva Ouro.

A próxima fin de semana, o equipo que prepara Óscar Orro visita ao SCD Milagrosa.

Os resultados até a data do Orzán SD Infantil Feminino son os seguintes:

Orzán SD Infantil Feminino 7 (Alba Monteserín, Sofía Rodríguez -2-, Alexia Freire, Irene Míguez e Lola Nieto -2-) - Xuventude de Crendes CF 1
Victoria FC 3 - Orzán SD Infantil Feminino 3 (Sofía Rodríguez -2- e Lola Nieto)
Orzán SD Infantil Feminino 6 (Emma Gandoy -2-, Sofía Rodríguez, Valeria, Alba Monteserín e Marta Moreno) - ADC Obradoiro 0