RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino acaba a liga con triunfo ante o Atlántida Matamá

O Orzán SD Xuvenil Feminino concluíu a liga con triunfo (6-0) no campo da Torre ante o Atlántida Matamá.

Noe Gómez -2-, Ana Capelo -2-, Ivana Fernández e Laura Santos foron as goleadoras dun partido plácido para as orzanistas, superiores en todo momento ao seu rival.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Irene Arcay, Celia Sousa, Uxía López, Laura Deus, Lucía Fuentes, Daniela Basalo, Laura Santos, Ivana Fernández, Noe Gómez e Macarena González. Tamén xogaron: Uxía Rabuñal, Ana Capelo, Iria Otero, Sara Cercido e Antía Brage.

Co resultado deste encontro correspondente á 10ª xornada (última) da Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º, o Orzán SD Xuvenil Feminino sumou 30 puntos na primeira posición do subgrupo, con 7 partidos gañados e 3 empatados; e cun balance de 37 goles a favor e 10 en contra.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino nesta fase foron os seguintes:

Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Ana Capelo, Laura Santos -2-, Noelia Gómez e Valeria Filgueira) - SD Xuventú de Aguiño 1
PM Friol B 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Santos e Valeria Filgueira)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Daniela Agilda, Ivana Fernández, Iria Otero e Ana Capelo) - SD Tordoia 1
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Iria Otero -2-, Noe Gómez e Ana Capelo -2) - Tomiño FC Femenino 5
Atlántida de Matamá 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
SD Xuventú Aguiño 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Iria Otero, Valeria Filgueira, Ivana Fernández e Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Uxia López e Ana Capelo -2-) - PM Friol B 0
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Laura Santos e Daniela Agilda)
Tomiño FC Femenino 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Laura Santos, Lucía Rivas, Macarena González e Noe Gómez -2-)
Orzán SD Xuvenil Feminino 6 (Noe Gómez -2-, Ana Capelo -2-, Ivana Fernández e Laura Santos) - Atlántida Matamá 0