RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino arrinca a Primeira División Galega con triunfo en Tordoia

O Orzán SD Xuvenil Feminino arrincou a competición na Primeira División Galega cun traballado triunfo en Tordoia (2-3).

Lucía Rivas, Laura Otero e Laura Santos foron as autoras dos goles orzanistas.

O partido estivo controlado polo Orzán SD até o minuto 60, cando se lesionou Laura Santos e o equipo xa realizara todos os seus cambios. Esta circunstancia obrigou a xogar a última media hora con dez xogadoras, o que aproveitou a SD Tordoia para recortar diferenzas no marcador e de 0-3 pasouse ao 2-3 final.

Orzán SD Feminino Xuvenil: Yaiza, Lucía Mariño, Uxía López, Daniela, Celia, Lucía Fontes, Sara Cercido, Abril Pazos, Lucía Rivas, Valeria e Laura Otero. Tamén xogaron: Uxía Rabuñal, Laura Santos, Macarena González, Noe Gómez e Irene Arcay.

O conxunto orzanista, filial do Deportivo ABANCA B, quedou encadrado no subgrupo A, con estes rivais iniciais: CPM Friol B, Betanzos CF, CD Lugo, Victoria CF B, SD O Val, Bergantiños CF, SD Tordoia e Antas SD.

O formato de competición será de liga a dobre volta cun total de 18 xornadas. O tres primeiros clasifícanse para a Fase de Ascenso; mentres que o resto xogará pola Permanencia.

Na Fase polo Ascenso, que se xoga contra o tres primeiros clasificados do subgrupo B, o formato será de liga a dobre volta, cun total de 10 xornadas. Tense en conta a puntuación da primeira fase. Desta forma, o primeiro na primeira fase comeza esta segunda con 4 puntos; o segundo con 2 puntos; e o terceiro con 1 punto. O campión ascende a Primeira Nacional.

En canto á Fase pola Permanencia, os equipos dividiranse en dous subgrupos de seis equipos cada un. O formato será de liga a dobre volta, cun total de 10 xornadas. Tense en conta a puntuación da primeira fase. Desta forma, o cuarto na primeira fase comeza esta segunda con 6 puntos; o quinto con 5 puntos; o sexto con 4 puntos; o sétimo con 3 puntos; o oitavo con 2 puntos e o noveno da primeira fase con 1 punto. Os dous últimos baixan de categoría.

A próxima semana toca descanso para o Orzán SD Xuvenil Feminino.