RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino dedicou o seu triunfo en Mos a Ana Capelo, lesionada para o que queda de liga

O Orzán SD Xuvenil Feminino dedicou o seu triunfo ante o UD Mos B (1-4) a Ana Capelo, unha das grandes promesas de #ANOSACANTEIRA que se perderá o que resta de temporada por lesión.

Por esta triste noticia, as orzanistas saltaron ao terreo de xogo das Baloutas cunha camiseta en apoio á súa compañeira.

Abril Pazos -2-, Ivana Fernández e Emma Gandoy foron as autoras dos goles, todos eles na segunda parte para deixar sen efecto o tanto inicial do UD Mos B no minuto 37.

Co resultado deste partido correspondente á 14ª xornada na Primeira Autonómica, o Orzán SD Xuvenil Feminino suma 34 puntos e acabará 2022 na segunda posición da táboa, a 1 punto do líder, o CF Sárdoma B.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Noelia Furelos, Uxía López, Elena Vázquez, Antía Brage, Sara Cercido, Abril Pazos, Ivana Fernández, Iria Otero, Laura Santos e Macarena González. Tamén xogaron: Martina Rivas, Daniela Agilda, Emma Gandoy, Carlota Rubio e Candela Fernández.

O equipo que dirixe César Conde arrincará 2023 a primeira fin de semana de xaneiro ante o Sporting Cambre.

Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Feminino son os seguintes:

Victoria FC B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Elena Vázquez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Elena Vázquez, Emma Gandoy, Ana Capelo, Uxía López e Laura Santos) - Atlético Arousana 1
Bergantiños CF 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Laura Santos, Ana Capelo e Elena Vázquez -2-) - CF Noia 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Noe Gómez -2-, Sara Cercido, Maca González, Laura Santos -2- e Lucía Rodríguez) - SDCyR Narón Freixo 0
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo, Elena Vázquez e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Ana Capelo e Macarena González) - SD Antas 0
Tomiño FC Feminino 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Elena Vázquez, Daniela Agilda, Lucía Rivas -2-, Emma Gandoy e Macarena González -2-)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Noe Gómez, Laura Santos e Daniela Agilda) - Victoria CF B 0
Escola FB Amistade 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 6 (Ivana Fernández, Noe Gómez, Laura Santos -3- e Paula Sánchez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Sara Cercido) - CD Lugo 1
Sárdoma CF B 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Abril Pazos e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Uxía López e Daniela Basalo) - SD O Val 0
UD Mos B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Abril Pazos -2-, Ivana Fernández e Emma Gandoy)