RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino gaña en Aguiño e reforza o liderado do seu grupo

O Orzán SD Xuvenil Feminino saíu vencedor (0-4) do campo da Tasca no seu partido ante a SD Xuventú Aguiño correspondente á 6ª xornada no subgrupo 1º da Fase de Descenso de Primeira División.

Iria Otero, Valeria Filgueira, Ivana Fernández e Laura Santos foron as goleadoras nun partido controlado de principio a fin polas orzanistas, que dispuxeron ademais das mellores ocasións de gol.

Con este resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino suma 20 puntos á fronte da táboa, con 6 de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o PM Friol B. Ambos os equipos ven as caras a próxima fin de semana na Torre.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Paula Bermúdez, Celia Sousa, Uxía López, Laura Deus, Antía Brage, Sara Cercido, Iria Otero, Lucía Fontes, Irene Arcay, Valeria Filgueira e Ana Capelo. Tamén xogaron: Yaiza García, Ivana Fernández, Noe Gómez, Daniela Agilda e Laura Santos.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino nesta fase son os seguintes:

Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Ana Capelo, Laura Santos -2-, Noelia Gómez e Valeria Filgueira) - SD Xuventú de Aguiño 1
PM Friol B 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Santos e Valeria Filgueira)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Daniela Agilda, Ivana Fernández, Iria Otero e Ana Capelo) - SD Tordoia 1
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Iria Otero -2-, Noe Gómez e Ana Capelo -2) - Tomiño FC Feminino 5
Atlántida de Matamá 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
SD Xuventú Aguiño 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Iria Otero, Valeria Filgueira, Ivana Fernández e Laura Santos)