RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino gaña en Tomiño e é campión do seu subgrupo a falta dunha xornada

O Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (1-5) en Tomiño en partido correspondente á 9ª xornada no subgrupo 1º da Fase de Descenso de Primeira División.

Laura Santos, Lucía Rivas, Macarena González e Noe Gómez -2- foron as goleadoras dun encontro con superioridade orzanista de principio a fin.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Paula Bermúdez, Celia Sousa, Daniela Agilda, Uxía López, Antía Brage, Sara Cercido, Iria Otero, Laura Santos, Macarena González, Lucía Rivas e Ana Capelo. Tamén xogaron: Martina Rivas, Lucía Fuentes, Laura Deus, Ivana Fernández e Noe Gómez.

Con este resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino suma 27 puntos e proclámase campión do subgrupo a falta da xornada, a da próxima fin de semana na Torre ante o Atlántida Matamá.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino nesta fase son os seguintes:

Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Ana Capelo, Laura Santos -2-, Noelia Gómez e Valeria Filgueira) - SD Xuventú de Aguiño 1
PM Friol B 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Santos e Valeria Filgueira)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Daniela Agilda, Ivana Fernández, Iria Otero e Ana Capelo) - SD Tordoia 1
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Iria Otero -2-, Noe Gómez e Ana Capelo -2) - Tomiño FC Femenino 5
Atlántida de Matamá 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
SD Xuventú Aguiño 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Iria Otero, Valeria Filgueira, Ivana Fernández e Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Uxia López e Ana Capelo -2-) - PM Friol B 0
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Laura Santos e Daniela Agilda)
Tomiño FC Femenino 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Laura Santos, Lucía Rivas, Macarena González e Noe Gómez -2-)