RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Ourense CF dobregou ao Fabril nun amigable cun tempo para cada equipo

Un bo primeiro tempo do Ourense CF no campo monfortino da Pinguela tombou ao Fabril (2-1) no primeiro dos dous amigables previstos esta semana para o filial deportivista.

Os ourensanistas aproveitaron o seu bo arranque de partido para situarse con 2-0 no marcador, resultado co que se chegou ao descanso.

Na segunda parte foi o Fabril o que tomou o mando do xogo e superou ao seu rival. Mario acurtou distancias pero faltou fortuna para lograr a igualada nas ocasións que gozou o equipo de Óscar Gilsanz.

Fabril: Brais, Quique Teijo, Iván Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Mario, Víctor, Barba, Cambón, Sanmartín e Padín. Tamén xogaron: Manu Berrocal, Dani Barcia, Brais Val, Urdiales, Fabio, Nájera, Raúl e David Martínez 'Davo'.

O conxunto fabrilista non puido contar con Yeremay, Trilli, Alberto e Noel, en dinámica do primeiro equipo.

A próxima cita para o Fabril será este domingo 22 de agosto en Ponte dos Brozos ante o Atlético Arteixo, equipo que milita en Preferente Autonómica.

O calendario de pretemporada do Fabril é o seguinte:

Fabril 4 (Nájera -2-, Padín e Quique) - SD Sofán 1
Fabril 2 (Nacho e Mario) - Silva SD 0
Fabril 1 (David Martínez 'Davo') - Racing Villalbés 0
Fabril 1 (David Suárez) - Bergantiños CF 3
Fabril 1 (David Martínez'Davo') - CD Arenteiro 1
Ourense CF 2 - Fabril 1 (Mario)
Atlético Arteixo - Fabril, domingo 22 de agosto, 12:00 h., Ponte dos Brozos (Arteixo)