RCD / NOVAS

O partido do Fabril ante o Brexo Lema, de Copa Deputación, comezará ás 21:15

29/07/2019 21:15

O partido correspondente aos dezaseisavos de final da Copa Deputación entre o Brexo Lema e o Fabril, previsto para este mércores 31 de xullo, xogarase finalmente ás 21:15 horas, en lugar de ás 19:00, hora oficial de comezo dos encontros segundo o regulamento de competición establecido pola organización.

A entrada para esta eliminatoria, a partido único, será gratuíta para os afeccionados no campo dos Pinares de Lema.

Será a terceira cita este verán para o Fabril, tralo partido ante o Dépor en Abegondo do pasado 24 de xullo e o torneo 'tres nun' do pasado sábado en Moraña fronte a RC Celta B e Pontevedra CF.

As citas de pretemporada confirmadas do Fabril son as seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, 21:15 h, Brexo Lema SD - Fabril