RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O persoal da OAD, Premio Deportivista do Ano da Peña Deportivista de Viveiro

A Peña Deportivista de Viveiro outorga o "Premio Deportivista do Ano" ao persoal da Oficina de Atención ao Deportivista, polo servizo prestado á masa social e polo contacto directo cos membros da súa peña, tal como se acordou na súa Asemblea Xeral.

Este premio que se outorga cada ano e que xa recibiron xogadores como Fran, Mauro Silva, Valerón ou Juan Dominguez este ano, e por primeira vez, outórgase en recoñecemento aos empregados da OAD do Club.

A entrega do galardón terá lugar o 22 de xuño ás 21:30 horas no Restaurante Louzao onde estará presente todo o equipo humano da Oficina de Atención ao Deportivista.

Até ese día, e despois, durante todo o verán, o persoal da OAD seguirá atendendo con dedicación ao deportivismo nas instalacións provisionais da Oficina Principal de Correos na Coruña (c/ Manuel Casás, s/n).