RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O pichichi deportivista, protagonista en zona mixta

  Lucas Pérez, autor esta noite do seu décimo tanto en liga, foi o gran protagonista na zona mixta do  Estadio de Riazor.

Así, Juanfran manifestou que "non é toque divino o de Lucas. Está a pegar forte para a Selección. Ao ritmo que vai seguro que chega á selección e por desgraza ao ritmo que vai non se se vai poder estar moitos anos aquí".

Deste xeito, "con Lucas a este nivel o Dépor vai chegar ao seu obxectivo, que é a permanencia. A partir de aí, soñar. O noso obxectivo é a permanencia. Os afeccionados teñen que gozar, creo que poden estar orgullosos de nós. Outra cousa non, pero intensidade, ganas e actitude estamos a porlle. Cun Lucas así se pode chegar moi lonxe".
 
Alejandro Arribas resaltou o labor defensivo do Dépor e o traballo dos dianteiros (Lucas e Jonathan): "O equipo en defensa estivo moi ben e os dianteiros fixeron un gran traballo para aguantar o balón e que o equipo saíse de atrás. Creo que os 14 xogadores que xogaron estiveron ben en defensa. É labor de todos, igual que en ataque".
 
Ex xogador do Sevilla a tempada pasada, opina o defensor branquiazul que "é bonito xogar contra ex compañeiros e ex adestradores. Está moi ben volver verlles, pero nada"máis .
 
Finalmente, o propio Lucas Pérez non quere ouvir falar da Selección Española: "Nada diso. Estou moi tranquilo. O importante é que empatamos ante un dos mellores equipos da liga. Ímonos tristes porque puidemos conseguir esa vitoria".
 
Cre que o gol sevillista chegou "nunha falta de atención. Reyes sacou a falta rápido. Estivo aí listo. Nese sentido empatamos e un punto máis para o obxectivo, que é a salvación".
 
Subliña que "a min os goles que non serven para nada ao equipo non me valen. Polo menos o de hoxe valeu para un punto".
 
Apunta Lucas que "unha persoa cando é feliz no seu traballo nótase, e eu, pódese dicir que son moi feliz aquí". Mostrouse agradecido "desde que volvín á miña casa por todo o agarimo que me deu a afección como a dirección deportiva, o Presidente, o corpo técnico".