O pobo de Alzira homenaxea mañá ao deportivista Raúl Albentosa
O pobo de Alzira, localidade natal de Raúl Albentosa, homenaxea mañá luns 8 de maio ao central deportivista.
Será no transcurso da Gala do Deporte, unha das citas de máis soleira na Comunidade Valenciana, que terá lugar no Gran Teatre de Alzira a partir das 19:00 horas.
Albentosa, un futbolista con máis de 70 partidos en Primeira División repartidos entre Eibar, Málaga e Deportivo, recibirá un Premio Honorífico como deportista destacado de Alzira.
Á cita acudirán representantes de todos os clubs e institucións de Valencia, Castellón e Alacante.
No Dépor, Raúl Albentosa, que chegou este verán procedente do Málaga CF, leva ata a data 25 partidos xogados, 24 deles como titular. Anotou un gol.