RCD / NOVAS

O póster do Dépor 16-17, dispoñible a partir do venres nas Deportiendas de Riazor e Marineda

23/11/2016 11:51

Desde o venres 25 de novembro e ata fin de existencias, todos os afeccionados que desexen ter para a súa colección, o póster do persoal do Dépor 2016-2017 poderán facerse con el nas Deportiendas de Riazor e Marineda City.

O póster do Deportivo entregarase a todos os afeccionados que realicen algunha compra nas tendas oficiais do Club, independentemente do importe.