RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Presidente confirma a oferta do Atlético como 'a única' por Filipe

O Presidente do Deportivo, tras a presentación de Desmarets, atendió ás preguntas dos diferentes medios de comunicación. Reconoció que agora mesmo a única oferta concreta que ten o Club encima da mesa por Filipe é a da A

En canto a Ze Castro, sobre o que a prensa portuguesa había situado na órbita de varios clubs lusos, indicou que de momento non hai ningunha novidade; do mesmo xeito que no tema de Sergio: "Nin o pai chamou ao Club nin nós chamámolo a el. É un asunto que teremos que resolver".

Sobre o concurso de acredores de Mediapro, Lendoiro indicou que "de momento podemos estar tranquilos". Iso si, a próxima semana haberá unha Asemblea da liga en Madrid "e alí teremos xa máis datos para ter unha visión un pouco máis ampla".

Por fin, recoñeceu o millón e medio de euros que ten que pagar o Zaragoza ao Deportivo por Lafita neste mes; aínda que manifestou que "non é bo buscar a palla no ollo alleo porque non sabes o que tes na túa casa. Mira ao Mallorca e o que lle está pasando", en referencia á investigación que a UEFA abriu ao Club balear por, ao parecer, unha posible denuncia do Vilarreal.