RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O presidente Lendoiro, na Cadea Ser

O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, estivo onte convidado os estudos da Cadea Ser en Madrid, no programa O Traveseiro que dirixe José Ramón da Morena. O dirixente deportivista referiuse a varios dos temas que conforman a actualidade depo

Así, sobre Makaay e o seu futuro, Lendoiro asegurou que o dianteiro holandés "non está en venda". E remitiu en principio aos interesados na súa fichaxe, "que si hai algunhas propostas, non só as do Barcelona ou do Bayern de Munich", ao seu clausula de rescisión (10.000 millóns das antigas pesetas). Iso si, o presidente do Deportivo discrepa con Makaay "nalgunhas das cousas que dixo e que non se axustan á realidade. Por exemplo, el sostén que non estivo valorado aquí. E eu creo que no Deportivo valorouse muchisimo".

Lendoiro lembrou, respecto das palabras de Diego Tristán na sala de prensa de Riazor onte ("Ou Roy ou eu xogaremos no Deportivo", dixo o andaluz), que no Deportivo hai unha nómina extensa de dianteiros: Pandiani, Abreu, Changui, Iván Pérez, Luque, Tristán e Makaay. Así mesmo, o presidente confirmou a cesión de Abreu por toda a tempada ao America de México: "Estou seguro que o Tolo, que ten 26 anos, acabará triunfando no fútbol español e no Deportivo".

Valorou tamén as próximas reunións que os presidentes do fútbol español manterán a principios de xullo na Coruña. "Estou seguro que serán moi frutíferas", e indicou que continúa negociando o contrato de televisión: "Agora son momentos difíciles que nada teñen que ver cos anos 96, 97..."

En canto ao proxecto de novo estadio, Augusto César Lendoiro púxose a disposición do alcalde. "Eu para o alcalde da miña cidade estou sempre dispoñible. Sairía correndo agora mesmo para ensinarlle unha marabilla. O estadio máis bonito do mundo, onde desde a tribuna pódese ver o mar rompendo na praia", apunto o presidente deportivista, que, iso si, recoñeceu que Francisco Vázquez "aínda non o viu".