RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O presidente Paco Zas agradece o apoio da afección e pide "afrontar a situación con calma"

O presidente Paco Zas, na zona mixta de Son Moix, quixo en primeiro lugar dar as grazas "á afección por estes partidos que nos fixeron soñar con volver a Primeira División. Non puido ser. Tentouse por todos os medios".

Así mesmo, quixo transmitir unha mensaxe de "certa estabilidade. Foi un golpe moi duro para todos. Todos esperabamos que fose un gran día. Non puido ser".

Fala Paco Zas dunha "situación difícilisima de afrontar para todos, que hai que afrontar con calma; e tomar decisións que non se poden tomar en quente".

Apunta finalmente o máximo dirixente branquiazul que "estes días marabillosos que vivimos coa afección tennos que servir de base para o ano que vén".