O primeiro equipo adéstrase o luns 8 ás 10:30 en Abegondo
O Deportivo regresa aos adestramentos o luns 8 de maio. Pepe Mel citou aos seus futbolistas ás 10:30 en Abegondo.
Como é habitual, será unha sesión de recuperación para os que foron titulares no Estadio de Riazor ante o Espanyol, e máis intensa para o resto do equipo.
O martes 9 de maio haberá xornada de descanso para futbolistas e técnicos.