RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O primeiro equipo incide no traballo táctico en ABANCA-RIAZOR

Rubén de la Barrera e o seu corpo técnico pisaron por primeira vez ABANCA-RIAZOR, con motivo da sesión vespertina de hoxe xoves.

O adestrador branquiazul dispuxo, a porta pechada, un adestramento no que incidiu nun exercicio táctico ofensivo, con vistas ao encontro deste domingo 17 de xaneiro no Estadio Helmántico (16:00 horas, Footters) ante o Salamanca CF UDS. Fútbol en espazo reducido, de alta intensidade; e unha tarefa para os dianteiros puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Do mesmo xeito que esta mañá, tiveron adestramento específico Bóveda, Uche, Keko, Claudio Beauvue, Héctor, Diego Rolan, Miku e Valín, que esta tarde descansou.

Os fabrilistas Adri Castro, Alberto, Barba, Iván Guerrero e Yuste; ademais dos xuvenís Juan Rodríguez e Guille Bueno, repetiron co primeiro equipo.

Mañá venres haberá unha única sesión, ás 11:00 en Abegondo.

Rubén de la Barrera comeza a deseñar o seu Dépor

Rubén de la Barrera comezou esta mañá, na primeira das dúas sesións previstas para hoxe, a redeseñar ao Dépor xa de cara ao encontro deste domingo 17 de xaneiro no Estadio Helmántico ante o Salamanca CF UDS (16:00 horas, Footters).

O técnico deportivista parte da base de que o equipo "está moi ben traballado", tal e como subliñou onte na rolda de prensa da súa presentación.

No campo 2 e 3 dispuxo unha serie de partidos a tres cuartas partes nas que impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas. Previamente, Julio Hernando, preparador físico, supervisou un quecemento cunha roda de pases e rondos.

Realizaron un adestramento específico Uche, Bóveda e Miku, ambos tamén no céspede co readaptador, Fran Molano; Héctor, Claudio Beauvue, Rolan e Keko, este cunha lesión muscular nun sóleo. O atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia e, en función da súa evolución, pasará á fase de readaptación deportiva, que será o paso previo á súa volta ao traballo grupal.

Esta mañá os fabrilistas Adri Castro, Barba, Javi Sanmartín, Iván Guerrero e Alberto, ademais dos xuvenís Juan Rodríguez e Guille Bueno, adestráronse ás ordes de Rubén de la Barrera.