RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O primeiro equipo retomou esta mañá os adestramentos en Abegondo

Baixo a batuta de Cristóbal Parralo e Javier Manjarín, técnicos do Fabril, o primeiro equipo retomou esta mañá os adestramentos no campo 2 da cidade deportiva.

A sesión de hoxe comezou cun quecemento dirixido polos preparadores físicos Xulio Hernando e José Ángel Franganillo. A continuación, os futbolistas realizaron rondos, posesión, remates a portería e un partido en espazo reducido.

Os xogadores que disputaron completo o partido do pasado sábado en Leganés (Navarro, Juanfran, Sidnei, Guilherme, Carles Gil e Çolak) retiráronse antes ao vestiario retiráronse antes ao vestiario para completar un traballo de recuperación.

Celso Borges adestrouse co readaptador, Fran Molano e Joselu estivo hoxe cos fisioterapeutas, por prevención.

Mañá martes, o plantel está citado en Abegondo ás 11:00 horas.