RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O primeiro equipo retomou esta tarde o traballo cun adestramento á carta

Gaizka Garitano dividiu ao equipo en tres grupos para o adestramento desta tarde, o primeiro tras o choque de Copa do pasado martes, e xa coa mente posta na visita ligueira da Real Sociedade a Riazor, deste luns 5 de decembro (20.45, Gol TV).

Así, Juanfran, Sidnei, Luisinho, Albentosa, Andone e Marlos Moreno, que xogaron de inicio en Liga o pasado sábado en Málaga e en Copa en Sevilla, realizaron só 35 minutos de traballo sobre o céspede.

Fernando Navarro, que xogou o partido completo no Benito Villamarín; e Carles Gil e Guilherme, con participación nos dous últimos partidos, estiveron sobre o campo 2 de Abegondo 50 minutos.

Finalmente, o resto do grupo, con Borja Valle e Ryan Babel (ambos sen alta médica), e os fabrilistas Naveira, Anxo e Borja Domingo, realizaron a sesión completa de 85 minutos, cun exercicio de posesión, finalizacións e un partido en espazo reducido como tarefas principais.

Laure adestrou co readaptador Fran Molano; mentres que Bruno Gama estivo no ximnasio e cos fisioterapeutas do primeiro equipo.

Mañá venres, a partir das 10.30, o Dépor adestrarase a porta pechada en Riazor.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Venres 2 de decembro
10.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada

Sábado 3 de decembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Domingo 4 de decembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Luns 5 de decembro
20.45: Deportivo - Real Sociedad, en Riazor