RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O proxecto do Dépor Genuine, no III Congreso Internacional sobre Fútbol, Fútbol Sala e Psicoloxía

A Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu esta fin de semana o III Congreso Internacional sobre Fútbol, Fútbol Sala e Psicoloxía que, como nas dúas edicións anteriores, contou con representación do Real Club Deportivo.

Neste caso, o proxecto analizado e presentado nunha das mesas de traballo, concretamente na coordinada por Alexandre Abalde, foi o do Deportivo en LaLiga Genuine. Na mesa, titulada "Fútbol e discapacidade" participou un dos coordinadores do equipo, o técnico deportivista Pablo Barros.

Outros profesionais do Club, como o psicólogo Gabriel Pita e o preparador físico Julio Hernando, nunha Sesión "tipo" profesional; ou o director dos Servizos de Atención ao Rendemento Físico, Rafael Martín Aceiro, falando sobre "metodoloxía do rendemento en fútbol: casos prácticos e coñecemento cientítfico", tamén participaron no Congreso organizado polo Dr. Constantino Arce.