RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Rayo - Dépor ABANCA, aprazado o pasado mércores, xogarase o 13 de xaneiro

O Xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol emitiu unha resolución pola que fixa a nova data para a disputa dos partidos aprazados até o momento tanto en Primera Iberdrola como en Reto Iberdrola e Primeira Nacional de fútbol feminino. Os encontros disputaranse ao longo deste mes de novembro, decembro, xaneiro e febreiro de 2021.

No que afecta ao Real Club Deportivo, o partido Rayo Vallecano - Dépor ABANCA, que debía disputarse o pasado mércores 11 na Cidade Deportiva Fundación Rayo Vallecano, quedou fixado para o mércores 13 de xaneiro de 2021 en horario aínda por determinar.