RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo camiño dos 25.000 accionistas a 11 días para o peche da ampliación de capital

A ampliación de capital do Real Club Deportivo entra na súa fase final. A 11 días do peche da mesma, o Club atópase a 234 accionistas de alcanzar os 25.000 propietarios. A día de hoxe o Deportivo conta con 24.766 donos orgullosos de selo.

O martes 31 de xaneiro finaliza esta oportunidade de mostrar novamente o compromiso do deportivismo cun Club do que todo o mundo que o desexe pode ser propietario con voz e voto. O Real Club Deportivo quere manter e reforzar o carácter popular do seu accionariado e facer tamén máis sólida a estrutura financeira deste Club que nos une a todos.

Por iso, ata o último día deste mes calquera persoa ou empresa pode comprar entre 1 e 1.500 accións, ao prezo de 60,10 € cada unha, converténdose así en propietario do Dépor.

Para adquirir accións do RC Deportivo están habilitadas as seguintes vías:

· Directamente na web www.odeporeteu.gal

· De forma presencial na Oficina de Atención ao Deportivista (Avenida de La Habana · Estadio de Riazor) de luns a venres de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas.

· A distancia mediante ingreso/transferencia na conta corrente de Abanca ES55 2080 0000 7630 4019 9039 facendo constar "NIF ou CIF +nome + Ampliación de Capital RCD" e remitindo mediante correo electrónico a accionistas@rcdeportivo.es o xustificante da transferencia e os seus datos de contacto (nome, apelidos, DNI, data de nacemento, dirección, localidade, país, código postal, teléfono de contacto e correo electrónico do titular das mesmas).

· Telefonicamente chamando ao 981 259 500 (Oficina de Atención ao Deportivista) de luns a venres de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas.

Unha vez efectuada a adquisición de accións, tanto o boletín de compra como o carné de accionista estará á súa disposición na Oficina de Atención ao Deportivista. Tamén podes solicitarse en accionistas@rcdeportivo.es para o seu envío mediante correo ordinario á dirección que se indique.