RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAHISTORIA

#ANosaHistoria: O RC Deportivo celebra hoxe o 109 aniversario do seu primeiro partido

O RC Deportivo celebra hoxe o 109 aniversario do seu primeiro partido, o que lle enfrentou ao Coruña no Corralón da Gaiteira no último mes de 1906. Transcorreron 39.812 días desde aquel 8 de decembro de 1906, no que os "sportmen" da Sala Calvet, que ata entón unicamente adicábanse a disciplinas como a esgrima, a ximnasia ou as traiñeiras, derrotaron aos "equipiers" do Coruña por 2-1.
Formaron o “team” deportivista Salvador Fojón; Venancio Deus, Juan Long; Anxo Rodríguez, Manuel Álvarez, Danier Aler; José Rodríguez, Félix de Paz, Virgilio Rodríguez, Juan Manuel López e Pedro Urioste.
 
Como ben publicaba fai un lustro o diario oficial do Club, “Dépor Sport”, o venres 10 de decembro de 2010: "o aniversario produciuse o pasado mércores, e márcase como data de nacemento da sociedade herculina o día de celebración do encontro ante o Corunna, o 8 de decembro de 1906". Por tanto, aquela data supón o nacemento do RC Deportivo, ao non existir ningún rexistro documental previo que sitúe a fundación do Club o 2 de marzo como se atribúe en numerosas publicacións, oficiais ou non, ao longo dos anos. Esta noticia de La Voz de Galicia do 9 de decembro de 1906 referente ao primeiro partido da historia do RC Deportivo:
 
- LVdG 9 de decembro de 1906 -
 
Aínda que o equipo disputou os seus primeiros encontros en 1906, non foi ata o ano seguinte cando quedou constituído de maneira formal. O 9 de xaneiro de 1907, o Club Deportivo da Sala Calvet aprobou en acta o seu regulamento e estatutos, aos que o Gobernador Civil deu o visto e prace dous meses despois, o 11 de marzo de 1907. O 4 de febreiro de 1909, Alfonso XIII outorgoulle ao Club o título de Real, pasando a denominarse Real Club Deportivo da Sala Calvet.
 
 
No seu afán por ordenar a súa historia, dando continuidade ao gran traballo realizado polo exconsejero Pachi Dopico así como por parte de varios xornalistas e historiadores coruñeses ao longo das décadas, outorgándolle a importancia e difusión que merece, o Club organizará diversas actividades e actos que se desenvolverán ao longo do ano 2016 no que celebrará o seu 110 aniversario, que culminarán coa posta en marcha da exposición relativa a esta efeméride e futuro museo do RC Deportivo.