RCD / NOVAS

O RC Deportivo, da man de Ecoembes, ensina a reciclar aos participantes no DéporCampus de Abegondo

30/07/2019 13:14

O RC Deportivo, mercé ao seu acordo de colaboración con Ecoembes, impartiu aos case 100 nenos que participan nesta última semana do DéporCampus Cabreiroá 2019 de Abegondo un taller sobre separación responsable de residuos.

A conservación e protección do medioambiente a través da reciclaxe é un dos puntos crave na política de RSC do Club e a súa Fundación. Con esta iniciativa, o RC Deportivo pretende sensibilizar aos máis pequenos neste ámbito importante da súa formación.

Bruno de Llano, director de xestión local e autonómica de Ecoembes, estivo presente nos talleres xunto á directora da área social, Gelines Romero.