RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O RC Deportivo, distinguido pola campaña de doazón de sangue "Imposible sen ti"

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o pasado 14 de xuño, con motivo do Día Mundial do Doante de Sangue, a gala de recoñecemento ás persoas, empresas, organismos e volutarios que fan posible o labor da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue cada un dos días do ano.

O Real Club Deportivo, xunto ao Real Club Celta, foron distinguidos na categoría de Campaña Especial de Doazón: "Imposible sen ti". Martín Pita, conselleiro da área social do Real Club Deportivo, recolleu o galardón en nome do Club.

A campaña especial de doazón de sangue "Imposible sen ti", impulsada pola Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, en colaboración co RC Deportivo e o RC Celta, levou a cabo en marzo e abril de 2016, coincidindo con #onosoderbi e cun éxito total de participación, xa que foron 2.193 doazóns de sangue rexistradas, das cales 251 (o 11,5%) correspondeuse con cidadáns que doaban por primeira vez.

A campaña converteuse na maior doazón da historia de Galicia, só superada pola solidariedade da cidadanía galega tras a traxedia do Alvia en Santiago de Compostela