RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo, galardoado nos Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia

O Clúster da Comunicación de Galicia levou a cabo a pasada fin de semana en Ourense a gala de entrega dos II Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia, aos que se atopaba nomeado o Real Club Deportivo na categoría Mellor práctica na comunicación da RSE.

O xurado decidiu premiar finalmente ao Deportivo pola I Memoria de Sustentabilidade, presentada en decembro pasado e pioneira dentro do fútbol español. O conselleiro Martín Pita, acompañado pola directora da área social, Gelines Romero, representaron ao Club no acto e recolleron o galardón concedido.

Estes premios naceron coa idea de pór en valor a calidade e o excelente traballo que se fai en Galicia, co obxectivo de realzar a función da publicidade, o deseño, a edición, a impresión, a mercadotecnia e a comunicación nas empresas e nas institucións galegas, e como medio para conseguir aumentar a competitividade e a capacidade innovadora.

Os galardóns entregáronse nunha gala especial, dentro da celebración do V Foro de Comunicación de Galicia en Expourense.